As persoas interesadas en informarse ou inscribirse no programa que anteriormente chamado 'Preescolar na casa' terán dúas xuntanzas a vindeira semana en Mesón do Vento e Ordes

A Asociación Socio-Educativa Antonio Godoy, entidade sen ánimo de lucro que traballa na difusión da cultura da infancia e na promoción de súa educación reforzando as competencias parentais das familias, volverá a desenvolver o seu labor no concello de Ordes. 

Os chamados 'Espazos das familias' están dirixidos a familias con fillos e fillas entre de 0 a 3 anos, e a futuros pais e nais. Terán unha periocidade semanal dunha hora e media onde se levarán a cabo actividades e xogos en grupo que, ademais de propiciarlles ferramentas e coñecementos aos adultos, servirán de resposta para as necesidades dos menores. Ao finalizar as sesións cada asistente disporá do seu tempo indivudual para levar a cabo unha titoría concertada. Todo isto da man de mestres, pedagogos e psicólogos, cunha ampla e destacada traxectoria educativa no que anteriormente se denominaba Preescolar na Casa.

Os veciños e veciñas interesados en obter máis información ou inscribirse poderán acudir ás xuntanzas previstas para o vindeiro luns,  19 de setembro, ás 16h no multiusos do Campo da Feira do Mesón do Vento. Tamén no local social municipal da rúa Reconciliación o xoves 22 de setembro.

Xuntanzas informativas da Asociación Socio-Educativa Antonio Godoy sobre os 'Espazos das familias'