A continuación mostrámoslles os listados actualizados a día 2 de SETEMBRO de 2016  das empresas, hostalería e negocios/comercios que colaboran coa súa aportación ás Festas Patronais de Ordes 2016.

Dende a comisión de festas queremos antes de nada pedir desculpas polos erros que houbo na anterior lista a cal xa se modificou.

Tamén queremos agradecer a colaboración das empresas, negocios e comercios locais e dos hostaleiros, tanto os que aparecen no listado como aqueles que fan unha aportación anónima e non queren figurar nel.

Por último, e non menos importante, gustaríanos destacar e agradecer a boa acollida e aportación de todos os veciños e veciñas da Vila de Ordes,  temos moi presente e claro que sen eles non seria posible facer realidade as Festas Patronais de Ordes 2016.