spacer
Treixadura e Ritmo Galego pechan as festa de Ordes  cos mellores sons tradicionais

Treixadura e o grupo local Ritmo Galego puxeron o punto e final ás festas patronais de Ordes. Novamente o Concello apostou sobre seguro ao escoller música galega e tradicional para a última noite de celebración, tras catro xornadas nas que imperou a diversión e a música de orquestra. Novamente o centro da vila encheuse dun público que non parou de bailar e corear a maioría dos temas ofrecidos por ambas formacións. Unha entrega e enerxía que dende o escenario agradeceron os músicos e cantantes regalándolles varios bises ao final dos seus concertos.
 

Treixadura e Ritmo Galego pechan as festa de Ordes  cos mellores sons tradicionais