spacer
 370 patinadores e patinadoras de 15 equipos danse cita no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show 

A IV edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show foi o máis destacado do calendario deportivo local nesta fin de semana. Durante toda a xornada do sábado o pavillón Castelao I estivo a rebordar de público e de patinadores e patinadoras. En total foron 370 de entre 6 e 17 anos integrantes dos equipos coruñeses e pontevedreses Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia.

Finalmente a clasificación xeral quedou do seguinte xeito:

  • Categoría: Grupos de Primaria (6 a 12 anos)
    • Grupo Grande de Primaria (13 patinadores ou máis )
      • 1º CP Conxuro de Laracha
      • 2º CP Axel-Arteixo
      • 3º CP Ribeira
    • Grupo Pequeno de Primaria (de 6 a 12 patinadores)
      • 1º CP Axel- Arteixo
      • 2º CP Oroso
      • 3º CP Brión
    • Cuarteto Primaria 
      • 1º CP Axel- Arteixo
      • 2º CP Brión 
      • 3º  CP Oroso
  • Categoría: Grupos de Secundaria (de 13 a 20 anos)
    • Grupo Grande de Secundaria (13 patinadores ou máis ) 
      • 1º CP Oroso
      • 2º CP Xiramos (Vigo)
      • 3º CP Brincadeira (A Coruña)
    • Grupo Pequeno de Secundaria (de 6 a 12 patinadores) 
      • 1º CP Axel-Arteixo
      • 2º CP Brincadeira (A Coruña)
      • 3º CP Ribeira
    • Cuarteto Secundaria
      • 1º CP Conxoro de Laracha
      • 2º CP Axel-Arteixo
      • 3º CP Brincadeira (A Coruña) 
    • Categoría: Xuvenil Nacional (1ª división)
      • 1º CP Omega (Ames)
      • 2º CP Galia-Ordes
      • 3º CP Ribeira
 370 patinadores e patinadoras de 15 equipos danse cita no IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show 

  Ana Soneira, concelleira da área de Deportes do Concello de Ordes, foi a persoa responsable de entregar os trofeos e as medallas aos primeiros clasificados e clasificadas. 
     Nesta ocasión o Club Patinaxe Galia, organizador da competición xunto coa Concellería de Deportes de Ordes, contou coa colaboración das seguintes firmas comerciais: papelería Tres Lápices, bar Rei de Copas, pizzería Zentrum, cafetería e centro de ocio infantil Feitizo, autocares Rogelio, café bar Susa, arranxos de costura Lola, imprenta Alpi, arquitectura e urbanismo Leandro del Río, froitería Agarimo, hamburguesería A Bolera e café bar Castro.
      A cita tamén serviu de escusa para recadar alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Ordes.