A sala de conferencias dos baixos da alameda de Ordes acolleu esta mañá a un bo número de persoas interesesadas pola recente publicación das axudas ao alugamento de vivenda incluídas no Plan estatal de vivenda 2018-2021 por parte da Consellería de Infraestrutura e Vivenda. Dita charla foi organizadada polo CIM da Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes e nelas resolvéronse todas as dúbidas plantexadas polos asistentes, ademais de concretarse a quen van dirixidas e como realizar os trámites de xeito debido para a súa solicitude.
 

O CIM da Mancomunidade de Ordes celebra unha charla informativa sobre as axudas ao alugamento de vivenda