O alumnado e as monitoras do curso de habilidades sociais do Concello de Ordes finalizaron este curso cunha xornada de excursión. Nesta ocasión escolleron a provincia de Pontevedra. Alí visitaron Vigozoo e o pobo costeiro de Combarro. Non foron os únicos en vivir esta experiencia xa que estiveron acompañados por moitos e moitas dos seus familiares durante todo o día.
 

Excursión para finalizar o curso de habilidades sociais