Con motivo da celebración das cacharelas da noite de San Xoán, as persoas, asociacións ou entidades organizadoras deberán comunicar a realización da cacharela no Rexistro Xeral do Concello antes das 14:00 horas do 21 de xuño e estarán suxeitas ao cumprimento das seguintes normas:

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE CACHARELAS 
SITUACIÓN

  • Dominio público:
    • Prazas, parques e xardíns municipais (así como calquera outro ben de dominio público de carácter especial): deberán contar coa previa autorización.
    • Vías públicas pavimentadas e beirarrúas: deberá protexerse o pavimento cunha chapa metálica sobre a que se colocará unha capa de area de 10 cm. O Concello facilitará area a todas aquelas persoas que o soliciten.
    • Vías públicas non pavimentadas: autorizase a súa realización. 

Os organizadores da cacharela serán os responsables dos danos que se puideran producir no dominio público e deberán proceder ao aboamento dos gastos de reconstrución e reparación ocasionados pola realización da cacharela. 

  • Propiedade privada:

Deberán contar coa autorIzación previa do propietario dos terreos, tendo en conta que este Conceilo non asume ningunha responsabilidade en caso de que a queima se realice sen terse obtido. 

SEGURIDADE

As cacharelas deberán cumprir as seguintes normas de seguridade para evitar situacións de perigo, así como a produción de danos aos participantes e bens situados nas proximidades:

  • O volume combustible da cacharela non excederá os 8,00 m de perimetro nin os 3,00 m de altura.
  • A separación da cacharela dos edificios e árbores será como mínimo de 8,00 m.
  • A cacharela no poderá situarse baixo o tendido eléctrico nin telefónico.
  • Está prohibida a queima de pneumáticos, piásticos, escumas de poliuretano, aceites ou calquera outro produto que conteria líquidos inflamables, gases a presión ou que ao arder poida desprender fume tóxico.
  • Ao remate da celebración comprobarase que as cinsas da cacharela quedan totalmente apagadas.
  • Deberá procederse á retirada dos restos da cacharela do lugar de celebración nun prazo máximo de 24 horas.

A POLICIA LOCAL vixiará o cumprimento das normas anteriores formulando a correspondente denuncia en caso de incumprimento, que dará lugar á iniciación de procedemento sancionador, así como a esixencia de idemnización dos danos e prexuízos que se causen no dominio público local.

BANDO MUNICIPAL. CACHARELAS DE SAN XOAN