spacer
O bo tempo anima a Feira da Adina no Mesón do Vento

O bo tempo acompañou e axudou a que a Feira da Adina no Mesón do Vento fose un éxito. Nesta nova entrega celebrada hoxo puidéronse ver máis postos do habitual. Abundaron os de roupa. Había para todos os gustos, estilos, idades e bolsillos. Tampouco faltaron vendedores de antigüidades, apeiros de labranza, prantas e sementes para a horta, churros e doces etc. Xa dentro da nave de gando as bestas e cabalos foron os protagonistas. Por outra banda os establecementos da zona ofreceron degustación de tapas con cada consumición. 

Outra das novidades foi a pista de karting especialmente instalada para a ocasión, na cal puideron montar de balde todos os nenos e nenas de 6 a 10 anos que quixeron. Esta volverá a estar aberta de 15 a 17 horas. Non foi o único xa que tamén tiveron a oportunidade de montar nun carro tirado por un cabalo. 
 

O bo tempo anima a Feira da Adina no Mesón do Vento