Este vindeiro xoves, 17 de maio, o pavillón Castelao I servirá dende as 12 horas como escenario para o acto de clausura das actividades municipais de ballet, patinaxe artística e ximnasia rítmica. Durante a mañá máis de 350 nenos e nenas realizarán unha exhibición aberta a todas as persoas que queiran asistir. Ademais dos alumnos e alumnas dos cursos organizados polo Concello de Ordes tamén participarán integrantes de ANPAS como as dos colexios O Mesón do Vento, Campomaior e Castelao, así como das escolas dos concellos de Trazo, Tordoia ou Carballo. Tamén formarán parte desta posta en escena o Club de Patinaxe Galia, Conxuro Laracha e Lubiáns.

Este xoves exhibición e clausura dos cursos municipais de ballet, patinaxe artística e ximnasia rítmica