Ademais de ofrecerse á venda todo tipo de produtos os nenos e nenas de 6 a 10 anos poderán divertirse nunha pista móbil de kárting

Este vindeiro sábado a localidade do Mesón do Vento acollerá unha nova cita cunha das feiras de maior tradición da zona, a feira da Adina. Alí poderanse mercar todo tipo de produtos como roupa, calzado, ferraxería etc, ademais de alimentos ecolóxicos provenientes das hortas da zona. Por suposto tampouco faltará a feira de gando.

Pola súa banda, os establecementos da zona ofrecerán degustación de tapas con cada consumición. Para nenos e nenas de 6 a 10 anos  instalarase unha pista móbil de kárting gratuíta de 11 a 13.30 e de 15 a 17 horas (sempre que non chova).

 Feira da Adina, este sábado no Mesón do Vento