A Xuntanza dos Maiores terá lugar o 5 de maio
As entradas poderanse adquirir dende o 18 ata o 3 de maio no Concello.
O Concello de Ordes celebrará o sábado 5 de maio a súa xuntanza das persoas maiores.
Para ese día teremos os seguintes actos:
- 13:30 horas: misa solemne
- 14:30 horas: xantar tradicional
- Actuación musical.
Todo isto terá lugar na carpa instalada no Campo da Feira.
Para poder asistir é necesario adquirir ata o 3 de maio como data límite a correspondente entrada. O custo é de 5 € e pódese conseguir, tras a presentación previa do DNI, nas oficinas xerais municipais, situadas na planta baixa do mesmo Concello.