Pola Subdirección General de Evaluación Ambiental comunicouse a apertura do período de consultas na avaliación ambiental do proxecto “PARQUE EÓLICO A POBRA DE 52 MW, LÍNEAS A 30 KV, SUBESTACIÓN ELÉCTRICA 30/220 KV E LIÑA ELÉCTRICA A 220 KV PARA EVACUACIÓN TT.MM. MESIA, CESURAS Y ABEGONDO (A CORUÑA)”, regulado polo artigo 34 da Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.

O prazo de remate do período de consultas é o 24 de maio de 2018.

O documento inicial e os planos do proxecto de dito parque eólico poderán consultarse na páxina web do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, no apartado de Áreas de Actividade, Calidade e Avaliación Ambiental, Avaliación Ambiental, Plans, Programas e Proxectos en fase actual de Consulta Pública por parte do Órgano Ambiental.

https://servicios.mapama.es/irj/portal/anonymous/consultaDestacados?NavMode=3

 

CONSULTA PÚBLICA AIA PROXECTOS EÓLICOS MESIA, CESURAS E ABEGONDO