Desenvolverase o día 8 pola mañá e poderán participar  corredores e clubs federados das categorías Júnior e Máster 30, 40, 50 e 60. As inscricións e o seu pagamento deberán realizarse o mesmo día da competición

O vindeiro 8 de abril terá lugar o I Trofeo Ciclista Concello de Ordes, dirixido ás categorías Júnior e Máster 30, Máster 40 e Máster 50 e 60. Na proba, inscrita dentro do calendario da Federación Galega de Ciclismo, poderán participar corredores e clubs coa licenza federativa en vigor. 

    Está previsto que a carreira dea comezo a partir das 10.30 horas, polo que as inscricións e o pago da cota de 10 euros se realizarán o mesmo día dende as 9 horas. O percorrido será de 74,60 quilómetros, sendo o mesmo para todas as categorías. Este partirá e finalizará no mesmo Concello, situado na avenida Alfonso Senra. Haberá dúas metas volantes, a primeira no quilómetro 33,6 e a segunda no quilómetro 56, sendo imprescindible a finalización da proba para proclamarse co premio destas.

     O I Trofeo Ciclista Concello de Ordes inclúese dentro da III Challenge do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo, a cal consta de tres probas que puntuarán entre todas para proclamar o vencedor ou vencedora final. Estas serán as dos concellos da Estrada e O Pino, previstas para o 15 de abril e 6 de maio respectivamente. Para poder optar aos premios finais da xeral será imprescindible participar en todas elas.

    A proba está organizada polo CCAGC en colaboración co Concello de Ordes.

 O I Trofeo Cliclista Concello de Ordes terá lugar en abril