O Sábado de Piñata enche as rúas de Ordes de cor
Os paiasos manicómicos, Piratas do Tambre, Pequelúa no Ártico, Outono e primavera os trasnos da carballeira, As damas de plástico, As 8 e 10 e Esto es África foron as fantasías que acadaron premios nas principais categorías
Tal e como se esperaba un ano máis o Entroido de Ordes volveu a ser unha das citas festivas máis importantes de provincia. Seguindo coa tradición os disfraces, as carrozas e as comparsas foron as protagonistas neste Sábado de Piñata do que desfrutaron milleiros de persoas que seguiron o desfile dende primeira hora da tarde polas principais rúas da vila.
Nesta ocasión foron máis de 400 persoas as que formaron parte da gran comitiva composta por todo tipo de fantasías, disfraces e personaxes. Terroríficos paiasos, muñecos Lego, paisanos e paisanas de pueblo, inxeniosos grupieres, esquimais e osos polares, pitufos, piratas, máscaras venecianas, monstruos e heroes de cine e moitos máis puidéronse ver durante toda a tarde. Ata unha peculiar recreación dunha das festas máis importantes e populares do concello, o 24 de Poulo. Unha vez chegados ao Campo da Feira deu comezo o concurso, con animadas e elaboradas coreografías. Entre os que non perderon detalle estiveron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros José Manuel Mira, José Manuel Rodríguez e Ana Soneira.
En total entregáronse premios por un valor total que superou os 4.400 euros. Na categoría individual adulto e infantil o primeiro premio foi para As damas de plástico e Outono e primaveira o rato na carballeira respectivamente. Na comparsa de adultos resultaron gañadores Os paiasos manicómicos, na infantil Pequelúa no ártico, mentres que a mellor do municipio foi Esto es África. Piratas do Tambre foi escollida a mellor carroza e o premio simpatía outorgóuselle a As 8 e 10. Ademais destes o Concello de Ordes outorgou outros 15 premios accésit.
O Concello de Ordes agradece, un ano máis, a colaboración brindada e o patrocinio por parte de Seguros Reale e Jaime Castro asesores.