Destacada actuación da deportista local Lara López Fernández no Campionato Galego de Inverno de Salvamento e Socorrismo na categoría xuvenil. Lara López, integrante do equipo xuvenil do club Sasa, proclamouse campioa galega na proba de 100 metros socorrista, campioa galega xuvenil en relevos 4x25 metros remolque de manequín e 4x50 metros combinada, e subcampioa galega en 100 metros remolque de manequín con aletas. As probas tiveron lugar a pasada fin de semana na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Lara López Fernández, campioa galega de socorrismo