Merecido recoñecemento ao atletismo ordense na gala anual da FGA
Esta fin de semana O Barco de Valdeorras acolleu a Gala do Atletismo Galego 2017. Un evento no que varios atletas locais e integrantes do Club Atlética A Silva foron recoñecidos con diversos galardóns. Entre eles figuraron Ánxeles Rodríguez del Río (mellor atleta máster) e Isabel Fernández Bello. Tamén se premiou a Lucía Doval, natural de Mesía pero residente en Ordes, e a o adestrador José Domínguez (premio mellor adestrador de promoción).
A Secretaria Xeral Marta Míguez foi a encargada de recoller a medalla de ouro da Federación Galega de Atletismo que recaeu na Xunta de Galicia e no Recinto Feiral Expourense, espazo representado por Sol Vázquez, directora xeral de Consumo e Comercio. Tamén se lle distinguiu con esta máxima condecoración a Xosé Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas de Ourense pola cesión do Himno da Federación Galega de Atletismo.
Por outra banda Xosé Manuel Martínez recibiu a placa Ramón Docal en recoñecemento á súa traxectoria coma xuíz. O premio aos mellores atletas do ano foron para Ana Peleteiro, na categoría feminina, e para o equipo da selección Galega de relevos 4×100 no apartado masculino. No resto de modalidades, Adrián Bene e Saleta Fernández foron os mellores atletas galegos sub23. A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Millaraio e Ourense Atletismo foron os mellores clubs. Xosé Manuel Hermida foi outro dos adestradores máis importantes distinguidos nesta gala anual.