spacer
CAMPAÑA DE INVERNO 2018. VEN ESQUIAR A MANZANEDA

DESTINATARIOS: Rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, e 2007.

LUGAR: Cabeza de Manzaneda

DURACIÓN:  Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 €.  Facendo constar o nome do/a neno/a, concello e CAMPAÑA DE INVERNO 2018 (O NUMERO DE CONTA SERA FACILITADO NOS VINDEIROS DIAS).

PRAZAS: 7

Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

No caso de ser maior o número de solicitantes que de prazas ofertadas procederase a un sorteo unha vez rematado o prazo de inscrición o venres 19 de xaneiro no Concello de Ordes.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: ata o 16 de xaneiro (Departamento de Deportes, 1º andar do Concello de Ordes)

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.