Xornada de conciliación para o vindeiro 18 de maio

Está pensada para nenos e nenas escolarizados de 3 a 12 anos. Deberán inscribirse ata o vindeiro martes, 15 de maio

Co gallo do Día das Letras Galegas o  Concello de Ordes ten prevista para o venres 18 de maio unha xornada lúdico-educativa para nenos e nenas de 3 a 12 anos que estean escolarizados. Co fin de poder conciliar a vida laboral e familiar de 9 a 14 horas os nenos e nenas realizarán actividades manuais, musicais e xogos participativos. Tamén existe a posibilidade de consultar outros horarios. 

    As inscricións deberán realizarse ata o 15 de maio no mesmo Departamento de Educación do Concello (981680002), ou ben nas oficinas da escola ConTalento situadas na rúa Reconciliación, na vila de Ordes (981697844 - 604002616).  O prezo é de 4€, habendo descontos do 50% para as familias numerosas.

ONE-DAY CAMP