Presentación do libro-disco ‘Vilaverde’, o último traballo dos Viqueiras, este venres na biblioteca municipal  de Ordes

Este próximo venres 4 de maio, ás 20 horas, a biblioteca municipal de Ordes servirá de espazo de presentación para 'Vilaverde'. Trátase do último traballo da agrupación gaiteira Os Viqueiras de Ordes. Un libro-disco editado hai escasas datas no que se homenaxea o seu fundador, o gaiteiro Manuel Viqueira, recompilador de moitas melodías e cancións populares da bisbarra. Moitas delas están recollidas polos seus fillos e os músicos da formación neste novo proxecto, ademais de historias, fotos e anécdotas del e doutros gaiteiros da zona.

     O acto estará aberto a todas as persoas que desexen acudir. De seguro que, tratándose dos Viqueiras, a música en vivo, a festa e a foliada non se vai voltar en falta.
 

PRESENTACION DO DISCO "VILAVERDE"