Terá lugar no Pazo do Bidueiro os días 28 e 29 deste mes. Nela máis de 20 firmas comerciais do municipio ofrecerán o mellor para calquera tipo de celebración ou acto social

Os próximos 28 e 29 de outubro o Pazo do Bidueiro albergará de 11 a 20 horas ambos os días un salón no que se poderán ver todas as novidades relacionadas con eventos e celebracións. Ordes events dará resposta a todo o necesario para aquelas persoas que teñan previsto organizar un enlace matrimonial, bautizo, primeira comuñón etc.
     Máis de 20 firmas comerciais únense para ofrecer os seus servizos e produtos ao mellor prezo, sempre dun xeito profesional e cunha atención personalizada segundo cada caso. Estas son: Gráficas Alpi, clínica dental Alberto Rama, La tienda de Ana, animación musical EneB, Kyrie, centro de actividades Koala, Kukadas, MX AF, Alfonso joyeros, Gala, Pazos, Sonora Music, Ekaté, Silvia Vieites, Patricia Palmeiro peluquería, Futur Viajes, Javier Alfonso, Aromas, Estela Montes fotografía e La Repro Eventos.
     A cita está organizada pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES).

ORDES EVENTS